10 oct 2019

Como te apelidas?

O curso pasado, puxemos en marcha unha iniciativa dirixida a calquera membro da comunidade educativa que tivese curiosidade por coñecer a orixe dos seus apelidos. A esta información engadímoslle un mapa onde figura a  frecuencia e extensión de cada un deles, tomado da Cartografía dos apelidos de Galicia.
Este ano mantemos a proposta desde a web da biblioteca  https://www.chano.gal
Calquera persoa interesada pode facernos chegar a súa petición deixando anotado o apelido no taboleiro do EDLG do Centro ou enviándoo á páxina citada.

                  Clica AQUÍ para ver outros apelidos



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.