1 oct. 2012

Un novo curso...

Ola a tod@s!

O ENDL do IES Chano Piñeiro quere darvos a benvida a este novo curso 2012/2013 agardando que teñades todas e todos un bo ano académico. Pola nosa banda, seguiremos a traballar en prol da defensa da nosa lingua.
E para comezar, traemos aquí (din que máis vale tarde ca nunca) o vídeo de animación á lectura presentado a finais do curso pasado e no que participou toda a comunidade educativa do Chano Piñeiro.
Porque cremos, ante todo, na lectura no noso idioma, na nosa lingua.

1 comentario:

  1. Ola a tod@s! Xa sabemos que tedes moitas ganas de traballar... e nós acompañarémosvos! saúdos

    ResponderEliminar