13 mar 2025

Intercambio co CPI Pecalama de Tordoia (mércores 12 de marzo de 2025)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2024-2025. 

Visita do noso alumnado ao CPI Pecalama de Tordoia, que nos levaron de roteiro a visitar o dolmen de Cabaleiros e a Pedra Longa.


10 mar 2025

Charla Alfonso X (luns 10 de marzo de 2025)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2024-2025. 

A catedrática de filoloxía románica Elvira Fidalgo impartiu un relatorio ao noso alumnado sobre Alfonxo X o sabio, o rei de castela que escribiu en galego.




Entroido no Chano (venres 7 de marzo de 2025)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2024-2025. 

Este ano no noso centro decidimos celebrar o Entroido á volta das vacacións. Concurso de disfraces, música, baile e, sobre todo, moitas ganas de pasalo ben!




AgresiON OFF: Conmemoración 8M día da muller (xoves 6 de marzo de 2025)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2024-2025. 

Este ano, para conmemorar o día da muller, o noso centro, en colaboración co Concello de Forcarei, impartiu uns obradoiros para que, a partir de diferentes xogos, o noso alumnado reflexionase sobre diferentes aspectos entorno ao machismo e a igualdade de xénero.




Museos da Coruña (mércores 20 de febreiro de 2025)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2024-2025. 

Ciencia en galego. Visita aos museos científicos da Coruña: Domus Casa do Home, Acuario e Casa das ciencias e planetario.






25 feb 2025

Día de Rosalía (luns 24 de febreiro de 2025)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2024-2025. 

Celebración do día de Rosalía, este ano centrado nos poemas de Rosalía adicados aos oficios tradicionais: costureiras, gaiteiros, albeites, pedreiros, muiñeiros, carreteiros, ...




Roteiro Castelao (mércores 26 de febreiro de 2025)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2024-2025. 

Un ano máis o alumnado de 4º da ESO acudiu a Pontevedra a realizar un roteiro adicado a Castelao.

20 feb 2025

Roteiro literario xeración Nós, Allariz (xoves 6 de febreiro de 2025)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2024-2025. 

Visita a Allariz para realizar un roteiro literario adicado á xeración Nós,  co alumnado de 4º da ESO.





23 ene 2025

Teatro: Obra "Desexo" (mércores 22 de xaneiro de 2025)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2024-2025. 

O alumnado de 4º da ESO e Bacharelato acudiu a Pontevedra para asistir á representación da obra teatral "Desexo", un espectáculo que está concebido como unha reflexión en ton cómico sobre a ausencia xeralizada de educación sexual, tanto no ámbito doméstico, como no marco formativo regrado; tamén sobre a substitución polo que se pode aprender na pornografía e nas redes sociais, coa consecuente aparición de malos hábitos, frustracións, estereotipos sexistas e unha excesiva presión á hora de manter relacións afectivo-sexuais. 





Roteiro Pardo de Cela pola Mariña (xoves 16 e venres 17 de xaneiro de 2025)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2024-2025. 

Roteiro Pardo de Cela pola Mariña (I) Catedral de San Martiño de Mondoñedo de Foz e Catedral de Mondoñedo no que se atopa a tumba do Mariscal.

Na praza da Catedral da histórica vila de Mondoñedo tivo lugar a execución pública de Pardo de Cela o 17 de decembro de 1483.