9 abr 2025

Mosteiro de Carboeiro, fervenza do Toxa e obradoiro Elena Ferro (martes 8 de abril de 2025)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2024-2025. 

O alumnado de 3º da ESO visitou o mosteiro de Carboeiro e a fervenza do Toxa. Ademais, no marco do proxecto interanual de oficios tradicionais, acudiron en Vila de Cruces ao taller de Elena Ferro, zoqueira artesanal galega.

Inspección río Lérez (mércores 2 de abril de 2025)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2024-2025. 

O alumnado de 1º da ESO acudiu á área recreativa do Cotelo para realizar a inspección de primavera do río Lérez ao seu paso por Forcarei. Estudamos diversos parámetros biolóxicos e físico-químicos para determinar a saúde do río.



Visita á comarca do Rosal (martes 25 de marzo de 2025)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2024-2025. 

No marco do proxecto interanual de oficios tradicionais, o alumnado de 1º e 2º da ESO visitou a comarca do Rosal para visitar o muíño das Aceñas e diferentes petroglifos.

Castelao na Terra de Montes (marzo de 2025)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2024-2025. 

A mostra "Castelao na Terra de Montes", que amosa a relación do escritor e político coa comarca, recalou este curso no noso centro.