23 ene 2025

Teatro: Obra "Desexo" (mércores 22 de xaneiro de 2025)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2024-2025. 

O alumnado de 4º da ESO e Bacharelato acudiu a Pontevedra para asistir á representación da obra teatral "Desexo", un espectáculo que está concebido como unha reflexión en ton cómico sobre a ausencia xeralizada de educación sexual, tanto no ámbito doméstico, como no marco formativo regrado; tamén sobre a substitución polo que se pode aprender na pornografía e nas redes sociais, coa consecuente aparición de malos hábitos, frustracións, estereotipos sexistas e unha excesiva presión á hora de manter relacións afectivo-sexuais. 





Roteiro Pardo de Cela pola Mariña (xoves 16 e venres 17 de xaneiro de 2025)

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2024-2025. 

Roteiro Pardo de Cela pola Mariña (I) Catedral de San Martiño de Mondoñedo de Foz e Catedral de Mondoñedo no que se atopa a tumba do Mariscal.

Na praza da Catedral da histórica vila de Mondoñedo tivo lugar a execución pública de Pardo de Cela o 17 de decembro de 1483.








Charla sobre violencia de xénero (mércores 11 de decembro de 2024)

 

EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2024-2025. 

O pasado mércores 11 de decembro tivemos a sorte de contar coa visita de Noelia Míguez (@noedorinda) que ofreceu unha impactante charla sobre violencia de xénero para o alumnado de 4°ESO , 1° e 2° Bach.
Dende a experiencia persoal, explicou as diferentes fases da violencia de xénero logrando sensibilizar e impactar a alumado e profesorado.
Falou do libro do que é coautora "Oito sinais: cuestión de vida ou muerte" onde recolle a súa historia de supervivencia e do que contamos con exemplares no centro.



Conmemoración do día das persoas con discapacidade (martes 3 de decembro de 2024)

 EDLG do IES Chano Piñeiro. Curso 2024-2025. 

Conmemoramos o día das persoas con discapacidade (3 de decembro) coa colaboración de Álex Ferradás. Grazas por contarlle as túas vivencias e por axudarnos a crear un mundo máis inclusivo. Grazas tamén á Residencia As Dores de Forcarei por deixarnos as cadeiras de rodas.