O pasado martes 21 de maio o alumnado de 1º e 2º ESO visitou o
Museo Provincial de Lugo (ademais doutros lugares de interese dentro da cidade lucense como a visita obrigada á Muralla) para desenvolver unha actividade didáctica que xira en torno ao libro
Contos do Museo. Dita obra consta de catro relatos (escritos por
Xabier P. Docampo,
Paco Martín,
Xosé Miranda e
Agustín Fdez. Paz) que se ambientan nas distintas salas do Museo e serve de fío condutor da actividade.
Velaquí vos deixamos unhas imaxes do que alí pasou e que tan bo sabor de boca deixou entre a rapazada do Chano Piñeiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.