Páginas

25 nov 2009

O San Martiño, a AGXPT e Animoto

O pasado martes 10 de novembro, véspera do San Martiño, patrón da vila de Forcarei, pasamos a tarde coa Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional que nos amosaron a que xogaban os nosos pais, e nalgún caso, aínda xogamos nós. Pasámolo moi ben. Con algunhas das fotos fixemos este vídeo utilizando www.animoto.com.

24 nov 2009

Para que serve o galego

Para que serve o galego? Esta presentación que atopamos na rede dános resposta.

17 nov 2009

Ensaiando as posibilidades de bubblr

Aquí tedes unha impresionante carreira de motos comentada por elas mesmas e pola tolemia de Toño de 4ºESO


E quen sabe de coches? Pois José Luis de 4º ESO. Agora ben, o que ten que arranxar de veras son as faltas de ortografía e certos prexuizos un tanto machistas.


E como os de Forcarei vos son bos troiteiros, aquí vos deixamos esta secuencia de Álex de 4º ESO, quen agarda ter unha muller que lle cociña (mala centella,...!!!).


E seica queren volver de viaxe de fin de curso a Paris, alomenos Sofía de 4º que xa neceu alí.

10 nov 2009

Petroglifos Campo Lameiro + Marabilla

A nosa lingua TAMÉN é o noso PATRIMONIO.
O pasado 15 de outubro tivemos os de 3º ESO unha saída a Campo Lameiro (ou Campo Barrizal?) para coñecer o Centro de Interpretación de Arte Rupestre. Alí recibíronnos unhas monitoras que fixeron o percorrido connosco e ademais explicáronnos estas manifestacións artísticas dos nosos antepasados. Aquí vos deixamos un pequeno vídeo de como foi esa visita guiada. Moi recomendable. E moitas grazas a Yolanda de 3º A polas fotos.


De Películas

3 nov 2009

Fotobook de Terra de Montes

Hoxe presentámosvos unha actividade que fixemos utilizando unha ferramenta para crear e compartir fotobooks utilizando imaxes do gran "celeiro" ou repositorio de imaxes que é flickr. Agardamos que con estas sinxela presentación fotográfica vaiades coñecendo mellor onde estamos. Nota: se clicades na parte superior dereita da foto, iredes pasando as imaxes


1 nov 2009

Cantar mola, en galego MÁIS (III): Fuxan os Ventos

Cantas veces quixemos cantar esta canción e non nos lembrabamos da letra. Vaia, daquela, este vídeo subtitulado e sirva tamén como homenaxe a este grupo mítico da música galega que o pasado ano celebraba o seu 25 aniversario. Noraboa.




Ou se prefires esta versión DJ que nos fan chegar dende a bitácora As gabarras do IES de Breamo